EMail  Contrasinal 

Actividades


26/11/2024

4º ESO B: Iniciación ó pádel

Entre as 8:45 e as 11:20 do martes 19 de novembro o alumnado de 4º de ESO B participará nunha actividade de iniciación ó pádel no centro Lucus Pádel. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Rubén Martínez Viñas. O listado do alumnado participante pódese consultar na intranet.

25/11/2024

ESO e BAC: TEATRO FRANCÉS

Entre as 10:45 e as 13:20 do luns 25 de novembro, parte do alumnado de francés de todos os niveis desprazarase ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir á representación da obra de teatro "Notre Dame De Paris". A actividade está organizada polo departamento de Francés e o alumnado estará acompañado por José M. González, María Hombreiro, Noemí Iglesias e outro profesor ou profesora.

22/11/2024

3º ESO B e PDC: Iniciación ó pádel.

En horario por determinar do venres 22 de novembro o alumnado de 3º de ESO B e PDC participará nunha xornada de iniciación ó pádel no centro Lucus Pádel. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Rubén Martínez Viñas. O listado do alumnado participante pódese consultar na intranet.

19/11/2024

4º ESO A e C: Iniciación ó pádel

Entre as 8:45 e as 11:20 do martes 19 de novembro o alumnado de 4º de ESO A e C participará nunha actividade de iniciación ó pádel no centro Lucus Pádel. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Rubén Martínez Viñas. O listado do alumnado participante pódese consultar na intranet.

06/11/2024

PROPOSTA AAEE CURSO 2024-25


22/10/2024

4º ESO e 1º BAC: Viaxe cultural a Burgos, Zaragoza e Barcelona

Entre os días 22 e 25 de outubro, parte do alumnado de 4º de ESO e 1º BAC participará nunha viaxe cultural ás cidades de Burgos, Zaragoza e Barcelona. A actividade está organizada polo departamento de Relixión e o alumnado estará acompañado por Silvia Losada, José Manuel González e Rosa Seco.

17/10/2024

1º BAC: Obradoiro uso responsable das tecnoloxías.

Entre as 12:40 e as 13:30 horas do xoves 17 de outubro, o alumnado de 1º de BAC participará nun obradoiro sobre prevención de xogo online, apostas deportivas e outros aspectos relacionados co uso responsable das tecnoloxías, impartido pola asociación AGALURE. A actividade, organizada polo departamento de AAEE, terá lugar na aula de novos medios do centro.

15/10/2024

4º ESO: Taller de drones

Entre as 16:30 e as 18:30 horas do marters 15 de outubro, o alumnado de Dixitalización de 4º de ESO participará nun taller de drones. A actividade, organizada polo departamento de Teconoxía, terá lugar no recinto do IES e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande.

07/10/2024

1º e 2º BAC: Clase cultural Burlington

Entre as 11:20 e as 12:10 do luns 7 de outubro, todo o alumnado de 1º e 2º de BAC asistirá a unha clase cultural ofrecida pola editorial Burlington. A actividade, organizada polo departamento de Inglés, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Mª Jesús Manteiga e Margarita Losada.