EMail  Contrasinal 

Actividades


26/09/2025

2º e 4º ESO: Charla obradoiro sobre conductas infractoras.

O mércores 1 de outubro, o alumnado de 2º e 4º de ESO participará nunha charla obradoiro impartida pola organización Arelas. A actividade, organizada polo departamento de AAEE, terá lugar na aula de novos medios e o alumnado estará acompañado polo seu profesorado.

25/09/2025

1º ESO: Obradoiro de minerais

O xoves 25 de setembro,o alumnado de 1º de ESO participará nun obradoiro de minerais no seu horario de clase de Bioloxía. A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía, terá lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estará acompañado por Eva Ríos Cobas.

20/06/2025

ESO e BAC: Festival Fin de Curso

Entre as 12:15 e as 14:20 horas do venres 20 de xuño no patio do centro terá lugar o Festival de Fin de Curso, organizado polo alumnado de 3º de ESO e os departamento de Música e Educación Física.

19/06/2025

Acto de final de etapa 4º ESO e 2º BAC

Ás 19:30 horas do xoves 19 de xuño terá lugar no centro o acto de final de etapa para o alumnado de 4º de ESO e 2º de BAC. Están convidados a asistir os familiares e o profesorado do centro.

18/06/2025

2º ESO: Mosteiro de Oseira e Escolapios de Monforte

Entre as 8:50 e as 18:00 horas do mércores día 18 de xuño, o alumnado de 2º ESO realizará unha visita ó Mosteiro de Sobrado de Oseira e ós Escolapios de Monforte. A actividade está organizada polo departamento de Relixión e o alumnado estará acompañado por Silvia Losada, Belén López e Rosa Seco.

17/06/2025

1º ESO: Piragüismo

Entre as 11:00 e as 14:20 horas do martes 17 de xuño desenvolveranse ao longo da mañá unha actividade de piragüismo para todo o alumnado de 1º de ESO. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e levarase a cabo no río Miño en Lugo. O alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e José Engroba.

16/06/2025

2º e 3º ESO: Iniciación deportiva ó Surf

Entre as 8:30 e as 18:30 h do luns 16 de xuño, o alumnado de 2º e 3º de ESO participará nunha xornada de iniciación ó surf en Viveiro. A actividade está organizada polo Departamento de Educación Física e os alumnos estarán acompañados por Manuel Pérez e outro profesorado.

12/06/2025

1º BAC: Ruta Tres Bispos

Entre as 8:30 e as 18:30 horas do xoves 12 de xuño, o alumnado de 1º de BAC realizará unha ruta de montaña a pé nos Ancares. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Marco Antonio López Grande. 1º BAC: Ruta Tres Bispos Entre as 8:30 e as 18:30 horas do xoves 12 de xuño, o alumnado de 1º de BAC realizará unha ruta de montaña a pé nos Ancares. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Marco Antonio López Grande.

05/06/2025

4º ESO: Viaxe cultural a París

Entre os días 5 e 9 de xuño, o alumnado de 4º de ESO realizará unha viaxe cultural á cidade de París. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia e os alumnos estarán acompañados por Miguel Carricoba, Rocío Rois e Luz Penedo.