EMail  Contrasinal 

Actividades


24/04/2025

4º ESO IA e 4º PDC: Charla sobre desinformación

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do luns 24 de abril, o alumnado de Intelixencia Artificial de 4º de ESO e de 4º PDC asistirá a unha charla a cargo de Voz de Galicia sobre desinformación, posverdad e novas falsas. A actividade, organizada polo departamento de Tecnoloxía, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por José Engroba.

23/04/2025

4º ESO, 1º e 2º BAC: Charla Escola Hostalería

O mércores día 23 de abril, entre as 11:25 e as 12:15 horas, o alumnado de 4º de ESO, e de xeito voluntario o de 1º e 2º de BAC, participará nunha charla informativa sobre "Titulacións e Servizos na Escola Superior de Hostalería de Galiza, de Santiago de Compostela". A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar na aula de Novos Medios.

10/04/2025

4º ESO e 1º BAC: Feira de Educación

Entre as 10:35 e as !4:20 horas do xoves 10 de abril, o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC asistirá á Feira e Educación, Formación e Emprego no Pazo de Feiras de Lugo. A actividade está organizada polo Departamento de Orientación e o alumnado estará acompañado por Plácido Sánchez e José Engroba.

07/04/2025

3º e 4º ESO: Taller de drons

Entre as 16:30 e as 18:00 horas do luns 7 de abril, o alumnado de Dixitalización de 3º e 4º de ESO participará nun taller de iniciación ó manexo de drons nas instalacións do IES. A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande.

07/04/2025

4º ESO e 1º BAC: Charla da UDC

Entre as 10:10 e as 11:40 horas do luns 7 de abril, o alumnado de BIXE de 4º de ESO e 1º de BAC asistirá á charla da UDC "Cambio climático? Si, pero non porque o diga eu!". A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por Eva Ríos Cobas.

07/04/2025

2º ESO B: Xogo da petanca

Entre as 11:30 e as 13:20 do luns 7 de abril o alumnado de 2º de ESO B participará nunha actividade de xogode petanca no Parque da Milagrosa, Lugo. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

03/04/2025

2º ESO A: Xogo da petanca

Entre as 12:30 e as 14:20 do xoves 3 de abril o alumnado de 2º de ESO A participará nunha actividade de xogode petanca no Parque da Milagrosa, Lugo. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

25/03/2025

4º ESO B e C: Charla Prevención delitos sexuais

Entre as 10:10 e as 11:00 do martes 25 de marzo o alumnado de 4º de ESO B e C asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

25/03/2025

2º ESO A: Charla prevención acoso escolar e ciberacoso

Entre as 13:20 e as 14:10 do martes 25 de marzo o alumnado de 2º de ESO A asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.