EMail  Contrasinal 

Actividades


17/02/2025

2º ESO: Charla Iniciativa 11F

Entre as 13:20 e as 14:50 h do luns 17 de febreiro, o alumnado de 2º de ESO A e B participará na charla "Tecnoloxías que fan posible a inclusión das persoas con discapacidade", dentro da iniciativa 11F que conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A actividade, organizada polos departamentos de Matemáticas e Tecnoloxía, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Rocío Núñez e Rocío Rois.

13/02/2025

1º BAC: Práctica de biotecnoloxía

Entre as 10:10 e as 12:40 horas do xoves 13 de febreiro, o alumnado de BIXE de 1º de BAC asistirá a unha práctica de biotecnoloxía do Programa AMGEN TransferCiencia. A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, terá lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Corral e Mercedes Pena.

13/02/2025

3º ESO: Taller Benestar Emocional

O xoves 13 de febreiro o alumnado de 3º de ESO participará no taller de benestar emocional "Non me pasa nada. Teño un caixón de sastre dentro de min e non quero que ninguén o vexa". A actividade terá lugar na aula de novos medios do centro.

12/02/2025

1º BAC: Charla de biotecnoloxía

Entre as 12:15 e as 13:30 horas do mércores 12 de febreiro, o alumnado de BIXE de 1º de BAC asistirá a unha charla de biotecnoloxía do Programa AMGEN TransferCiencia. A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, terá lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Corral e Mercedes Pena.

07/02/2025

3º ESO: Charla "María Wonenburguer"

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do venres 7 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO A, B e PDC asistirá á charla de divulgación "María Wonenburguer: unha matemática galega adiantada ó seu tempo", impartida por Ana Dorotea Tarrío Tobar, como parte do programa de Divulgación Científica da UDC. A actividade, organizada polo departamento de Matemáticas, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por Jesús Manteiga, Rocío Rois e Cristina Expósito.

06/02/2025

2º ESO: Charla Antía Yáñez

Entre as 12:40 e as 13:30 horas do xoves 6 de febreiro, o alumnado de 2º de ESO asistirá a unha charla da escritora Antía Yáñez. A actividade, organizada polos departamentos de LGL e EDLG, e pola Biblioteca, terá lugar na aula de novos medios do centro.

06/02/2025

1º e 2º BAC: Charla Antía Yáñez

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do xoves 6 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de BAC asistirá a unha charla da escritora Antía Yáñez. A actividade, organizada polos departamentos de LGL e EDLG, e pola Biblioteca, terá lugar na aula de novos medios do centro.

26/01/2025

ESO e BAC: Semana Branca Andorra

Entre os días 26 de xaneiro e 1 de febreiro, parte do alumnado dos cursos comprendidos entre 2º de ESO e 2º de BAC realizarán unha viaxe á estación de esquí de Vallnord en Andorra. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande e Manuel Pérez Teijeiro.

24/01/2025

4º ESO A e B: Charla Programa A Ponte

Entre as 13:30 e as 14:20 horas do venres 24 de xaneiro, o alumnado de Matemáticas B de 4º de ESO A e B e asistirá á charla do Programa A Ponte da USC "Medir sen metros, quilos nin litros. Como se entendían os nosos devanceiros?" impartida por Rubén Castro Redondo. A actividade, organizada polo departamento de Matemáticas, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por Jesús Manteiga e Cristina Expósito.