EMail  Contrasinal 

Actividades


20/03/2025

4º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O xoves 20 de marzo o alumnado de 4º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Sexualidade" no seguinte horario: 4º ESO A de 8:30 a 10:10, 4º ESO B de 10:35 a 12:15 e 4º ESO C /PDC de 12:40 a 14:20. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas aulas de referencia de 4º ESO A, B e C e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

19/03/2025

3º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O mércores 19 de marzo o alumnado de 3º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Prevención de Drogodependencias" no seguinte horario: 3º ESO A de 8:30 a 10:10. 3º ESO B e PDC de 10:35 a 12:15. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas aulas de referencia de 3º A e B e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

18/03/2025

2º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O martes 18 de marzo o alumnado de 2º de ESO participará no obradoiro "Acoso Escolar" no seguinte horario: 2º ESO A de 8:30 a 10:10, 2º ESO B de 10:10 a 12:10. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

17/03/2025

1º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O luns 17 de marzo o alumnado de 1º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Alimentación" no seguinte horario: 1º ESO A de 8:30 a 10:10 e 1º ESO B de 10:10 a 12:10. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

17/03/2025

1º e 2º BAC TIC, Física e Química: Charla programa A Ponte

Entre as 11:20 e as 12:10 horas do luns 17 de marzo, o alumnado de TIC e Física e Química de 1º e 2º de BAC asistirá á charla do Programa A Ponte da USC "Leds: luces e sombras". A actividade, organizada polo departamento de Tecnoloxía, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por Marco López e José Engroba.

25/02/2025

4º ESO: Cine Francés

Entre as 11:20 e as 14:30 do martes 25 de febreiro, o alumnado de Francés de 4º de ESO desprazarase ó salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo para asistir á proxección cinematográfica "La Petite Bande". A actividade está organizada polo departamento de Francés e o alumnado estará acompañado por José M. González.

25/02/2025

3º e 4º PDC, 4º A e C, 2º BAC: Festival Teatro Grecolatino de Lugo

Entre as 11:00 e as 19:00 horas do martes 25 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º PDC, e o alumnado de Latín de 4º de ESO A e C e de 2º de Bac asistirá a dúas representacións do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Latín e o alumnado estará acompañado por Rosa Mª Seco e José Engroba.

20/02/2025

1º BAC: Laboratorios biotecnoloxía USC

O xoves 20 de febreiro, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de BAC participará nunha visita a diferentes laboratorios de biotecnoloxía da USC en Santiago de Compostela. A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Corral Prado.

19/02/2025

1º ESO: Teatro Lingua Castelá

Entre as 9:05 e as 12:10 horas (aproximadamente) do mércores 19 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO asistirá á representación teatral "Las Aventuras de Tom Sawyer" no Auditorio Gustavo Freire da cidade de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá e os alumnos estarán acompañados por Patricia Caruncho e María Hombreiro.