EMail  Contrasinal 

Actividades


05/06/2025

4º ESO: Viaxe cultural a París

Entre os días 5 e 9 de xuño, o alumnado de 4º de ESO realizará unha viaxe cultural á cidade de París. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia e os alumnos estarán acompañados por Miguel Carricoba, Rocío Rois e Luz Penedo.

30/05/2025

3º ESO A: Visita EDAR-ETAP Lugo

Entre as 9:20 e as 14:00 horas do venres 30 de maio, o alumnado de 3º ESO A realizará unha visita ás instalacións da EDAR e ETAP de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Física e Química e o alumnado estará acompañado por Ana Rodríguez Fuentefría e Samuel Castro Juiz.

29/05/2025

3º ESO B e PDC: Visita EDAR-ETAP Lugo

Entre as 9:20 e as 14:00 horas do xoves 29 de maio, o alumnado de 3º ESO A realizará unha visita áas instalacións da EDAR e ETAP de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Física e Química e o alumnado estará acompañado por Ana Rodríguez e Samuel Castro Juiz.

21/05/2025

2º BAC: Charla Informativa Forzas Armadas

Entre as 12:40 e as 13:30 horas do mércores 21 de maio, o alumnado de 2º de BAC poderá asistir, de xeito voluntario, a unha charla informativa sobre as saídas profesionais nas Forzas Armadas" na aula de novos medios do centro. A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

21/05/2025

4º ESO: Charla Informativa Forzas Armadas

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do mércores 21 de maio, o alumnado de 4º de ESO poderá asistir, de xeito voluntario, a unha charla informativa sobre as saídas profesionais nas Forzas Armadas" na aula de novos medios do centro. A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

16/05/2025

2º, 3º e 4º ESO: Taller de percusión

Entre as 8:30 e as 14:20 horas en sesións de 50 minutos (con descanso nas horas de lecer) do venres 16 de maio, o alumnado de 2º e 3º de ESO, e o alumnado de música de 4º de ESO asistirá a un Taller de Percusión, a cargo de Eco Percusión. A actividade, organizada polo departamento de música, terá lugar no Ximnasio do centro e e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias.

15/05/2025

2º ESO: Visita a Sotavento

Entre as 9:20 e as 14:00 horas do xoves 15 de maio, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita ao parque eólico "Sotavento". A actividade está organizada polo departamento de Física e os alumnos estarán acompañados por Samuel Castro e Ana Rodríguez.

12/05/2025

1º ESO: Visita Aquarium Finisterrae e Torre de Hércules

Entra as 8:30 e as 18:00 horas do luns 12 de maio, o alumnado de 1º de ESO realizará unha visita ó Aquarium Finisterrae e a Torre de Hércules, na cidade de A Coruña. A actividade está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Ríos, Mercedes Pena e Eva Corral.

12/05/2025

4º ESO: A Voltas co GPS

Entre as 9:20 e as 15:00 horas do día 12 de maio (podería adiarse ó 13 dependendo da situación meteoroloóxica) desenvolverase na localidade de Rábade unha actividade de Orientación na Natureza organizada polos departamentos e E.F. e Tecnoloxía, na que participará o alumnado de 4º de ESO, acompañado por Manuel Pérez e Marco A. López.