EMail  Contrasinal 

Actividades


15/12/2026

4º ESO: Charla Prevención de delitos sexuais

O martes 15 de decembro o alumnado de 4º de ESO asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado polos seus profesores.

09/12/2026

3º ESO: Obradoiro de regueifas

O mércores 9 de decembro, o alumnado de 3º de ESO participará nun obradoiro de regueifas no seguinte horario: 3º ESO A e PDC de 10:35 a 11:25 h. 3º ESO B de 11:25 a 12:15 h. A actividade, organizada polo departamento de Lingua Galega, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Eva de la Torre e Lara Romero.

02/12/2026

1º BAC: Charla prevención apostas e outras adiccións

Entre as 9:20 e as 10:10 do mércores 2 de decembro o alumnado de 1º de BAC asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado polos seus profesores.

26/11/2026

1º ESO: Charla prevención riscos das TIC

O xoves 26 de novembro o alumnado de 1º de ESO asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado polos seus profesores.

30/10/2026

ESO e 1º BAC: Actividades Samaín

Concurso decoración de Samaín: Durante o primeiro lecer do venres 30.10.2026 haberá un concurso de decoración de Samaín nas aulas do centro. Magosto: Entre as 12:40 e as 14:20 horas, o alumnado de ESO e 1º de BAC participará nun magosto e outras actividades lúdicas organizadas polo equipo de Dinamización Lingüística.

30/10/2026

1º BAC: Visita didáctica a Ferrol

Entre as 8:00 a 18:00 horas do venres 30 de outubro, o alumnado de Economía e Tecnoloxía de 1º de BAC realizará unha visita á empresa Navantia e ó Arsenal militar de Ferrol. A actividade está organizada polos departamentos de Economía e Tecnoloxía, e o alumnado estará acompañado por Montserrat Penedo Cortizas e Marco López Grande.

22/10/2026

2º ESO: Iniciación á escalada en rocódromo.

Entre as 9:20 e as 13:30 do xoves 22 de outubro o alumnado de 2º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Move Lab Escalada". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Iván González.

21/10/2026

1º ESO: Iniciación á escalada en rocódromo.

Entre as 9:20 e as 13:30 do mércores 21 de outubro o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Move Lab Escalada". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Iván González.

20/10/2026

1º BAC. Santiago de Compostela

Entre as 8:30 e as 19:00 h do martes 20 de outubro, o alumnado de 1º de BAC asistirá ao Encontro de Normalización Lingüística na cidade de Santiago. Tamén se visitará a Catedral e a Cidade da Cultura. A actividade está organizada polo Departamneto de Lingua Galega, e o alumnado estará acompañado por Eva de la Torre e Lara Romero.