2º ESO: Conferencia de Andrea Maceiras
Entre as 12:10 e as 13:00 horas do martes 6 de maio todo o alumnado de 2º de ESO asistirá a unha conferencia da autora Andrea Maceiras. A actividade, organizada polos departamentos de LGL, EDLG e o equipo da Biblioteca, terá lugar na aula de Novos Medios do centro e o alumnado estará acompañado por Marta López e o profesorado dos grupos.