3º e 4º ESO: Taller de drons
Entre as 16:30 e as 18:00 horas do luns 7 de abril, o alumnado de Dixitalización de 3º e 4º de ESO participará nun taller de iniciación ó manexo de drons nas instalacións do IES. A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande.