4º ESO A e C: Iniciación ó pádel
Entre as 8:45 e as 11:20 do martes 19 de novembro o alumnado de 4º de ESO A e C participará nunha actividade de iniciación ó pádel no centro Lucus Pádel. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Rubén Martínez Viñas. O listado do alumnado participante pódese consultar na intranet.